Saltar al contenido
Portada » Axudas da Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Axudas da Axencia Galega de Innovación (GAIN)

A Axencia Galega de Innovación é unha axencia pública galega que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.

Para o ano 2022 convoca, entre outras, as seguintes axudas para a investigación e o emprendemento:

UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN. Convocatoria de axudas dirixidas ao Programa de Unidades Mixtas de Investigación para a creación de novas unidades ou consolidación das existentes. Considérasen as agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia (centros tecnolóxicos, universidades, centros do CSIC, fundacións de investigación sanitaria, …) e unha ou varias empresas (pemes, medianas ou grandes). Prazo de solicitude ata o 07/04/2022. Bases no D.O.G. nº 45 do 07/03/22. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220307/AnuncioG0198-180222-0001_gl.pdf

IV EDICIÓN DE BFFOOD (BUSINESS FACTORY FOOD). O BFFOOD é un programa de aceleración do emprendemento no sector alimentario de Galicia (Business Factory Food) para apoiar e consolidar iniciativas e proxectos especilizados no sector alimentario. O obxetivo é conseguir empresas innovadoras e viables, captadoras e reteñedoras de talento, que fortalezcan o posicionamiento do sector e a súa proxección internacional. Prazo de solicitude das axudas ata o 30/04/2022. Mais información: https://bffood.gal/wp-content/uploads/2022/02/Bases_4Edicion_BFFood_es-2.pdf